estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

30 abril 2008

TI!!!

TI
De ti na miña mente só queda unha esvaída sombra,
unha forte dor que se me crava
coma uns témpanos de xeo contra os meus gumes.

Precísote...
Atérrame que me podas esquecer
Non podes negar que entre nós existiu algo.

Éme imposible pensar,
o mundo seméllame sen sentido
Axúdame a volver ser eu
É moi sinxelo
Só te quero...
a ti.

3 comentários:

SilviA*!! disse...

o poema é precioso!!..
semella k transmite a dor e a queixa k ás veces che fai sentir o amor..
é chulísimo..
non sei pero mentras o lía parecía que o pulso do corazón me fose levando liña a liña ata o final..
sen palabras!! =)

Anônimo disse...

ola que tal???
o poema gustame moito moitisimo......veña aburiño

xenevra disse...

contundente, preciso, precioso!!
coma uns gumes xeados son ás veces as sombras, que parecen esvaídas, pero permanecen; e son estas as que máis doen cando chega o silencio, pero tamén as que máis pracer deron á luz do sol ;))