estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

29 abril 2008

O MUNDO (DISTANZAS)...

Ves o mundo ao redor.
Que xira,
xira,
e xira.

Mentres, ti, soa, aquí, no medio deles...
Maldís a túa existencia
e a túa felicidade que escachou en 1000 anacos...
Quixeras ser coma eles.

Pero non dis nada, por temor de molestalos...
"Lanza unha vez máis os dados.."
Xoga a ter sorte e aférrate a ese anxo..
quizais che dea sorte, e atopes a felicidade.

E ves o mundo ao redor,
Que xira,
xira,
e segue a xirar...

Silvia

2 comentários:

xenevra disse...

Encántame a sonoridade do poema; parece que coa súa música te leva xirando ata o final!!!

DoubleCero disse...

si, a verdade é que está moi chuloo