estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

28 abril 2008

por ser como eres!!!

ti es
esperanza
sorriso
lembranzas
soños
bos momentos
silenzos
miradas
coversas
complicidade
coñecemento
loucuras
agarimos
desexo
es capaz de
escoitarme
entenderme
sorrirme sinceiramente
abrazarme
bicarme
es o único que
saca mil sorrisos cando chove
meaxuda
me aposta ceas imposibles
está nos bos e malos momentos
ves onda mín aínda que haxa temporal
fai que os problemas teñan solución
fai que teña ganas de ir ler ó parque
me fai crer que son boa
me quere tal e como son, si,así.
ti es en dúas verbas :UN BO AMIGO!!!!!

pois nada deixovos aqui este poema que me gusta moito e que mo dedicou unha persoa moi especial para min

que opinads del????contestade

bikiños

3 comentários:

libertad disse...

Ola, o poema está moi ben segue así

Anônimo disse...

olaaaaaa!!!!
k vou dicir deste poema...k é PRECIOSO!!!!jaja
precioso non sei pero especial seguro k si, e ademais seguro k cho escribiron con moito cariño!!!!

un besazo mona

alba-_-*

xenevra disse...

jejejeje
normal que che guste, grandes amig@s tes ti ;)))
bo poema in crescendo ata o climax