bueno.. xa sabía que iba estar miguel de primeiro!!!! ;) (k x certo o poema está moi bonito!!!!)
e aquí estou eu igual.. deixo este que está en galego.. aínda que me parece moi triste.. (non recordo cando o escribín) pero nese momento saíume.. e gústame moito.. =)
todo é calma infinita..
a nena bonita apagouse
na súa cara feliz xa non brilla
esa estrela de prata que algún día tivo por sorriso
a nena xa non chora
neste lugar non existen as bágoas
os sentimentos esnaquízanse pouco a pouco
a felicidade morreu, aquí non hai espazo
naquel lugar que algún día soñara
repousan agora todos os seus medos
cando todo se acaba
queda en calma
pensa naquel tempo
en que desexaba desaparecer para sempre
naqueles días en que estivo ao lado de todo o que máis aprezaba
e constantemente se queixaba de todo
pensa
e non en balde
recorda
cada día defraudante
nunca se dera de conta do valioso da vida
ata perdela
nunca pensara en aproveitar cada segundo
pensaba que ela non merecía aquilo
tódalas persoas que a acompañaban día a día
molestaban
tódolos sentimentos e os pensamentos
o mundo era demasiado cruel, debía deixalo
ata que o decidiu por si mesma
un profundo corte sería suficinte
agora non pode deixar de arrepentirse
agora é demasiado tarde
as súas lágrimas seguen sendo invisibles
os sentimentos están conxelados
dende aquel lugar pode observar o seu corpo inerte
pero a súa alma e o seu corazón,,,
aínda laten...
espero que a min tamén me digades que vos parece =)
un saudo, Silvia
bicos!!
28/4/08
Um comentário:
as lágrimas nunca son invisíbeis, pero a tristeza ás veces é tanta, que parece que ninguén nos ve, así que menos poderían ver as nosas bágoas. O que esquecemos é que nos senten, recollen os nosos sentimentos e agardan espreitantes poder acariñar o noso rostro en un suspiro renovado.
Preciooooooooooooso poema!!!!
Postar um comentário