Alba
..........................................................................................
hoxe non lembrei,vivín
hoxe vin o mundo nos teus ollos
sorrín sinceiramente
escribinche poemas nos teus beizos
e escoiteiche os monólogos,
non me gusta falar cando me contas historias
adoro escoitarte porque me perdo
porque contas todo co vento.
Hoxe dinche as grazas por decirme o que máis desexaba escoitar:
Tes uns ollos preciosos!
Hoxe rin e case choro
Hoxe comería o mundo,comeríate
Porque ti es ar,es soño
Es sempre bos recordos e tamén silencios
Hoxe estiven no lugar máis fermoso
No recuncho de fondo de pantalla
Hoxe abraceite un sinfín de veces e
seguiriate abrazando outras tantas
Hoxe repetiría isto miles de venres e sábados
Hoxe fugaríame para Italia...e con isto, dígocho todo…
3 comentários:
Ola que tal? Os poema está moi ben. Gustame moito.Un bico.
Ola que tal? O poema gustoume moito, segue así.
"escribinche poemas nos teus beizos" marabilloso poema nun texto enrededado en rotundas figuras literarias que o axudan a nacer. medrar e, tras lectura suavizada con aliteracións, chegar ao final. Rotundo!!!
Postar um comentário