estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

03 julho 2009

Nova vida

Penso en ti,
pero non coma antes.
Sigo sufrindo,
pero moito menos.

Á fin,
comeza a irme ben.
Non teño por qué estar só.
Agora, hai persoas,
que poden ocupar o teu lugar,
na miña vida.
Encher o oco que ti deixas.

Ámote.
Amareite sempre,
pero non pasarei a miña vida,
chorando por ti.

Non seremos amigos.
Non estarei contigo.
Nunca.
Pero terei amigos,
dos de verdade.
E sobre todo,
non estaréi só,
nunca volverei estar só.

Iago Seijas

Nenhum comentário: