estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

03 julho 2009

A miña vida

A miña vida, non me quere.
é unha princesa,
das que sempre se reconverten en rás.
Unha vida que me odia,
que preferiría non haberme coñecido nunca.

Non me fala, non quere,
Nin quere que eu lle fale a ela,
odia que lle fale.

Cando me mira,
faino con cara de noxo,
unha cara que me parte a alma,
en centos de cristais, afiados,
que percorren as miñas veas,
destrozándome por dentro.

A miña esperanza, deixoume só,
abandooume.
A fonte da que manaba, secou.
Só unha palabra a pode traer de novo,
Ámote.
Pero nunca a escoitarei.
Os seus beizos, nunca a pronunciarán,
Nunca.


Dóeme pensar,
Que nunca serei ninguén para ela,
nunca quererá falarme,
nin que lle fale.
Sorrirme, ou que lle sorria.
Mirarme, ou que eu a mire.
Bicarme.


O seu desprezo, mátame.
É unha puñalada,
que me atravesa cada vez que a vexo.
Por iso non quero vela.
Estar no mesmo lugar ca ela,
é unha tortura,
unha tortura insoportable,
que espanta a miña alegría,
que se nega a volver.


A miña vida,
sen a miña vida,
non ten sentido,
non estou disposto a vivila,
non sen ela,
só con ela.

Só ela pode traer de novo a miña alegría,
a miña esperanza.
Só ela.
E nunca o fará.
Seino, nunca.


...


Iago Seijas

Nenhum comentário: