estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

03 julho 2009

Demasiadas palabras

Demasiadas palabras que non quería escoitar.
Demasiadas mensaxes que non quería ler.
Demasiados intentos, demasiada insistencia.

Unha e outra vez,
rendinme ás palabras,
palabras que precisaba decir.

Pero ela aborrecíaas,
odiábaas.
Como me odia a min.

Aborrecía todo o que eu dicía.
Aborrecíame
Aborréceme
Aborrecerame…

Todo o que eu diga,
todo o que eu faga,
será inútil.
Só conseguirei que me odie,
Aínda máis…

Ela non quere saber nada de min,
non me quere escoitar,
non me quere ver,
non me quere…

A súa indiferenza é absoluta.
Eu non lle importo,
Por qué sigo insistindo?
Por qué non a podo deixar en paz?

Sei que non a debo agobiar,
sei que é o que fago,
o único que consigo.
Sei que non lle debería falar,
pero son incapaz..

Non a podo ignorar,
como ela me ignora

Necesito falarlle.
Necesito que me responda,
que me fale,
que me diga algo,
para seguir vivindo...

Se non a vexo
Se non a escoito
Se non podo ler as súas palabras
Se non as escribe
A miña vida non pode continuar,
non sen ela.


Soñaba con coñecela,
con atopala.
E agora, conseguino,
e non o podo soportar,
soportar a súa ausencia,
a distancia que nos separa
estando cerca dela..

Agora, só desexo volver atrás
Elexir outro camiño,
que me alonxe dela,
que me permita vivir sen depender da súa presenza.

Pero xa non podo,
é tarde.

Só podo seguir así,
sufrindo o seu desprezo.
Un eterno desprezo que me destroza,
que decide a miña vida.

O único que podo facer,
é soñar,
soñar con ela,
cun mundo imaxinario.
Onde, lonxe da realidade,
poida estar con ela,
onde poida ser feliz,
falar con ela,
durante horas,
mirándonos, os dous,
escoitando as palabras que aquí non existen,
que nunca serán pronunciadas,
nunca sairán da súa boca:
Quérote
Abrázame
Bícame…
Palabras que só podo escoitar nun mundo de fantasía,
no meu mundo de fantasía,
no que me quere, tanto como eu a ela,
no que se lle escape un sorriso,
natural, inocente, sinceiro,
ao ver as miñas mensaxes,
nas que lle digo o que sinto,
todo o que sinto por ela,
sen impedimentos,
sen que ninguén máis as lea,
e recrimine o que víu,
as cousas que leu, e ninguén lle mostrou.
Palabras creadas só para ela,
Só para os seus ollos.


Iago Seijas

Nenhum comentário: