estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

16 abril 2009

Prohibido pensar en ti

Prohibinme pensar en ti

Pero a noite chegou

É a hora dos soños

Das fantasías anheladas

É o único momento

No cal me permito pensarte,

Soñarte,

Soñar que estamos xuntos

Imaxinar como namorarte

Como gañar o teu corazón

Algo moito mais difícil ca olvidar



Olvidar!



olvidar é imposible!

Intenteino, sei que o intentei

Pero sempre, sempre en van

Tamén imaxino sensacións,

Sentimentos…

meus e teus

Porque te quero

Porque te amo

E nunca me amarás tanto

Nunca me vas amar

Seino



Ás veces, ódiasme

Tamén o sei, pero

Eu ódiote sempre

Por ser a culpable,

A responsable da miña dor.

Por ser así

Por capturarme coa túa mirada

Por paralizarme cun sorriso

Por facerme estremecer cun só xesto

Por facerme suspirar co teu recordo

Por facerme sufrir a túa ausencia

Por matarme co teu desprezo

E por devolverme a vida con cada palabra

...................................................... Coas túas palabras

Para logo arrebatarma de novo

Facerme chorar, rir, suspirar..

E négaste a devolverme a alma que me roubaches

No intre en que realmente te coñecín..



Silencio!!



O sol!,



Prohibido pensar en ti.







.......

Iago seijas

5 comentários:

xenevra disse...

Alégrome de que retomedes os bos costumes, sobre todo se é para ler poemas que rebordan sentimentos tan intensos coma este

Natalia Seijas disse...

Eu tiven o privilexio de lelo antes de que fora publicado, e pareceume, sinxelamente XENIAL, creo que o poeta simplemente escribiu o que pensaba, sen fixarse en recursos, métrica...simplemente os sentimentos, encántame, animo a este poeta a que siga escribindo:)

SilviA*!! disse...

Encántame! Dende a primeira frase ata a última, cada palabra, cada sentimento, cada exclamación, cada silencio.. chulísimo! :)

Anônimo disse...

IMPRESIIIONANTEE! .. só me sae iso, de veras que é fascinante, sobre todo a parte de

Por capturarme coa túa mirada
Por paralizarme cun sorriso
Por facerme estremecer cun só xesto
Por facerme suspirar co teu recordo
Por facerme sufrir a túa ausencia
Por matarme co teu desprezo
E por devolverme a vida con cada palabra
...................................................... Coas túas palabras
Para logo arrebatarma de novo

é como unha montaña rusa de sentiimentos, nn sei explicalo, só iso ABRAIANTE!

Un bico!
Son Sofía pero e que nn me deixa poñer o nome :s

Anônimo disse...

iagoo cada día sorprendesme maáis, cas túas historias mitolóxicas, cos teus poemas.. encantoumee!! en serioo felicitote, e alegrome de que ti non teñas vergonza!!! un bikiñoo vemonos!


CrisS