estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

18 abril 2009

antítese en letra pquena...

derretiume a auga, e o lume afogoume na súa profundidade
caín no azul da herba e fixénme dano coa area do fondo;
tropecei co verde do mar e quedei deitada no medio do camiño.
perdinme no laberinto dos teus ollos verdes,
nos meus ollos marróns, tentei atoparme; pero só obtiven deserto.
na amargura dos bicos, descubrín, o doce do sal
e nos golpes das caricias,o doce agarimo das ondas cando esgazan na costa.
agora,nunca quererei volver estar ao teu carón,
e sempre desexarei terte lonxe.........tan lonxe......


para SEMPRE dicirche o pouco que me agradas e nunca dicirche que te quero....


María P

2 comentários:

Anônimo disse...

Encántame este poema...sobre todo a parte de "perdinme no labirinto dos teus ollos verdes, nos meus ollos marróns tentei atoparme" poucas veces se ven comezos tan bos para finais aínda mellores!...simplemente, encántame! Noraboa:)

Non me deixa poñer o nome así que...son Carmen

xenevra disse...

Xa cho dixen: es unha poeta. Con maiúsculas, con minúsculas, co tipo de letra que queiras. A poesía medra na túa voz como medran as estrelas no ceo, cunha orde destellante que fai respalndecer o universo. Gústame a madureza que a engarza e que fica velada por ese verbo fácil que non escurece os sentimentos que transmite.
Gústame. Só lamento (egoistamente) non poder ler máis. Pero os poetas son caprichosos, ben o sei XPXP

Grazas por compartilo